Ricardo Vieito e Carmen Fuentes vivían nunha casa vella de pedra no barrio de Vilachán, en Negreira. Tiveron dúas fillas, e anos máis tarde chegaron ademais catro fillos. Durmían todos enriba da cuadra das bestas. Ricardo e Carmen traballaron sempre de labregos.
Oitenta anos mais tarde o seu neto grava doce cancións que configuran un testemuño da nostalxia do rural. Feito dende a atalaia urbanita de Madrí, "O Fillo de Suso" trata de reivindicar as cousas importantes: as filloas de Consuelo, traballar menos, nadar no río, un prato de garbanzos.Vinilo de 12" con carpeta dobre e inlay. Os collages do LP son obras de Martina Charaf feitos a partir dun albume de fotografías da familia Vieito. Edición limitada e numerada de 300.
A Holgado levárono a nacer a Santiago. Tardou en andar e fixo a comunión nos escolapios. Leva 20 anos facendo música encomendado a San Cristovo e Santa Margarida, que nunca foron milagreiros
En 20 anos tivo tempo de grabar 4 discos, xirar pola península, cantar na televisión, face-lo himno do mellor festival que hai, e beber moito Ricardhú, que é como lle chaman ó licor café que fai o seu tío Ricardo
A artista arxentina Martina Charaf realizou unha serie de collages, seguindo cada unha das cancións do disco, que forman o deseño do LP.
“O fillo de Suso” foi gravado, mesturado e producido na casa e masterizado en Kadifornia por Mario G. Alberni.
Tódalas canciones foron compostas e escritas por Diego Vieito, excepto a letra de “Elexía” que foi escrita por Xan Vieito.
Os collages son obra da artista Martina Charaf, con fotografías dun álbum de Dolores Vieito. Autores das fotografías descoñecidos.
Colaboraron nesta ocasión:
A Regueifa produce e edita as Miudiño Sessions, unha serie de pequenos concertos gravados en espazos singulares. Decidiron face-la primeira das sesións comigo e os meus curmáns Dani e Diego Vieito.
A artista lucense Mariquiña Tereshkova fixo esta peza de videoarte na que as Notas do funeral de Ricardo Vieito dialogan coa súa propia historia familiar e o recordo da morte da sua avoa.